Home A Coruña A Xunta inviste 423.000€ na substitución da cuberta, da fachada e das...

A Xunta inviste 423.000€ na substitución da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI Pecalama de Tordoia par adaptalo ao Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

- Anuncio -

Gonzalo Trenor explicou que as obras previstas suporán un salto de calidade no confort para o alumnado e máis eficiencia desde o punto de vista enerxético

A actuación iniciarase este verán co obxectivo de que estea rematada en dous meses

A Xunta de Galicia vai acometer a substitución da cuberta, da fachada e das carpinterías do CPI Pecalama en Tordoia cun investimento de máis de 423.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros. A actuación ten un prazo de execución de dous meses.

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, desprazouse esta mañá a Tordoia para visitar as instalacións do colexio, onde mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación da actuación que se vai levar a cabo e que ten como obxectivo principal a substitución do acabado de cubertas existente, por paneis de aceiro con illante intermedio, así como a renovación dos calóns e baixantes. Levarase a cabo tamén a reparación de gretas e fisuras da fachada principal cun tratamento perimetral de ocos de ventás para garantir a estanqueidade e aexecución dun sistema de illamento polo exterior (SATE). A actuación contempla ademais a substitución das ventás exteriores corredeiras por unha nova carpintería de aluminio anodizado con apertura oscilobatiente e con dobre acristalamento

Segundo explicou o representante do Goberno autonómico, esta importante actuación ten como obxectivo primordial mellorar o confort dos alumnos e profesores que cada día interactúan no centro e vai na liña das pautas marcadas no Plan da Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia do Goberno galego que neste momento se atopa en fase de diálogo con diversos colectivos para o seu enriquecemento.

Este plan supón avanzar nun novo concepto de centros educativos ao servizo dos novos retos educativos do futuro que pasan por atender non unicamente as necesidades académicas, senón tamén as sanitarias e as tecnolóxicas.

Infraestruturas ao servizo dos retos educativos
Trenor lembrou que a Xunta ten “a obriga e a responsabilidade de coidar a máximo os centros educativos, xa que é o lugar onde os nosos fillos pasan a meirande parte do seu tempo, e non só para a adquisición de coñecementos, senón onde interactúan cos seus compañeiros, onde xogan e onde aprenden a socializar”.

Neste senso, sinalou a importancia de que todas as novas actuacións en infraestruturas escolares –ben sexan de nova construción ou ampliacións e reformas– fagan especial fincapé no deseño de espazos abertos e multifuncionais que dean resposta ás necesidades educativas, sanitarias e tecnolóxicas. Isto é, “un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid onde a arquitectura teña unha orientación educativa, con espazos flexibles, adaptados a calquera circunstancia, equipados e cómodos”, incidiu o delegado da Xunta.

Así, a nova arquitectura educativa institucional vai reforzar os colexios na transformación dixital (con polos creativos e espazos maker, entre outros), na aposta pola inclusión (con espazos máis amplos e saudables, que garantan a accesibilidade e a inclusión de todos os seus usuarios), e no especial deseño de patios e pistas multideporte, máis sostibles desde o punto de vista medioambiental, e integrados na contorna onde se inxiren.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas