Neda activa este martes a iniciativa para fomentar o uso de bolsas reutilizables para ir ao súper

Redacción

O Concello de Neda inicia este martes a acción simbólica “Dille adeus ao plástico”, en colaboración cos supermercados do municipio. A proposta chega ese día ao Covirán Celina e ao Covirán Muchiqueira. Os primeiros vinte clientes que o 7 de xullo fagan compra por máis de 20 euros, levaranse a casa unha das bolsas de algodón reciclado que regalará a administración local para fomentar o uso de bolsas reutilizables.
A iniciativa, incluída na campaña municipal sobre residuos “Reducir, reutilizar e reciclar está nas túas mans” continuará con idéntica dinámica este xoves no Ultramarinos Somozas e no Eroski city, e finalizará o sábado no Claudio expréss do Puntal.

Comparte este artigo