O Concello ofrece gratis durante este mes e semanalmente cinco campus (iniciación ao xogo de rol; cerámica, xoiaría e manualidades, aventura, urban scketching e customización de roupa e obxectos) todos a cargo de profesionais da comarca
Están dirixidos prioritariamente a crianzas de 9 a 14 anos empadroadas no Concello e só quedan prazas libres para ‘Urban sketching’ (debuxo ao aire libre)
O Concello de Nigrán iniciou hoxe con xogos de rol o mes dos ‘Campus Creativos’ para a infancia deseñados desde o órgano municipal de participación infantil e xuvenil autonomeado como ‘Xeración Xa!. Igual que o ano pasado, de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas desenvólvense gratuítamente cinco obradoiros dirixidos a nenos e nenas empadroados de 9 a 14 anos: ‘Iniciación ao xogo de rol’ (do 6 ao 9 de xullo) en ‘Máis que xogos’ (Centro Comercial A Ramallosa); ‘Cerámica, Xoiaría e Manualidades’, con Nerea Vila (do 13 ao 17 de xullo en ‘Seres Espacio Creativo’, no Centro Comercial A Ramallosa); ‘Aventura Isleña’, con Tali en La isla de Tali (do 20 ao 24 de xullo); ‘Urban sketching: debuxando o Val Miñor’, con Coral Martínez (do 27 ao 31 de xullo en Academia de Cómic Val Miñor, no Centro Comercial A Ramallosa); e, finalmente, ‘Customización de roupa e obxectos’ con Dani Seek (do 27 ao 31 de xullo na Praza da Biblioteca).
Tan só quedan prazas dispoñibles para o campus de debuxo ‘Urban Sketching’ (inscrición a través da Oficina de Información Cidadá ou no 986365000). No devandito campus, dirixido por Coral Martínez, os participantes practicarán o debuxo ao aire libre, desenvolvendo a súa capacidade de observación e síntese. Cada día desprazaranse desde a Academia (no Centro Comercial A Ramallosa) a unha zona distinta para poder abordar, observar, estudiar e plasmar diferentes contornas e detalles da paisaxes.
A ‘Xeración Xa!’, o consello de participación infantil creado polo Concello de Nigrán no ano 2021, está constituído por crianzas de diferentes centros educativos do municipio e reúnese durante o curso escolar mensualmente, destas asambleas xurden propostas que trasladan directamente ao goberno local, como foi o caso destes campamentos. Todo este traballo e outras iniciativas fixeron posible que o Concello de Nigrán fose recoñecido no 2024 por Unicef como ‘Ciudad Amiga de la Infancia’, isto implica ter en conta dunha forma efectiva e medible as voces, necesidades e prioridades das crianzas a través das decisións políticas, como é este caso. “Desde o Concello de Nigrán estamos moi orgullosos de contar cunha mocidade comprometida e participativa que nos permite construír un municipio de verdade amigo da infancia. É a nosa obriga escoitar á infancia, eles non poden ser cidadáns de segunda polo feito de non votar”, reitera o alcalde, Juan González.

