Terá lugar no Auditorio Municipal o sábado 18 de xullo ás 12:30 horas e ten un custe de 15 euros, desenvolvéndose durante toda a mañá
A súa intensa traxectoria docente en prestixiosas institucións de Europa e Estados Unidos consolidouno como un dos pedagogos máis influentes do panorama jazzístico actual
O Festival Nigranjazz, como en cada edición, incorpora á súa programación unha masterclass do recoñecido saxofonista, compositor e pedagogo estadounidense John O’Gallagher, unha das figuras máis destacadas do jazz contemporáneo internacional.
A sesión, centrada na improvisación sobre harmonía postonal, celebrarase o sábado 18 de xullo ás 12:30 horas no Auditorio do Concello de Nigrán desenvolvéndose durante toda a mañá. Durante a actividade, compartirá conceptos, ferramentas e estratexias para ampliar o vocabulario improvisatorio e explorar novas posibilidades creativas aplicadas á interpretación e á composición. A participación ten un custo de 15 euros e as inscricións poden realizarse a través do formulario habilitado pola organización, dispoñible tamén no Instagram oficial do festival e na web www.nigran.org
Recoñecido internacionalmente polo seu innovador enfoque da improvisación, John O’Gallagher é autor do libro ‘Twelve-Tone Improvisation: A Method for Using Tone Rows in Jazz’, unha obra de referencia sobre a aplicación de recursos postonais á linguaxe do jazz. A súa intensa traxectoria docente en prestixiosas institucións de Europa e dos Estados Unidos consolidouno como un dos pedagogos máis influentes do panorama jazzístico actual.
A masterclass está aberta a músicos de todos os instrumentos, tanto estudantes como profesionais ou afeccionados con interese en afondar nas prácticas máis actuais da improvisación contemporánea.
Con esta actividade, o XX Nigranjazz reforza a súa aposta pola formación, o intercambio artístico e a difusión das novas tendencias do jazz internacional, ofrecendo ao público a oportunidade de aprender directamente dun dos grandes referentes da improvisación contemporánea.
Datos da actividade
Actividade: Masterclass de John O’Gallagher – Improvisación sobre harmonía postonal
Festival: XX Nigranjazz
Data: Sábado, 18 de xullo
Hora: 12:30 h
Lugar: Auditorio do Concello de Nigrán
Participación: Aberta a músicos de todos os instrumentos
Prezo: 15 €
Inscricións: A través do formulario habilitado pola organización, dispoñible tamén no Instagram oficial do Nigranjazz: https://forms.gle/BjVQgY8eYw7bvJMv9

