Corte de tráfico PO-552 pola actuación da orquestra Panorama nas Festas en Honra á Virxe do Carmen

Redacción

Con motivo da celebración das Festas da Virxe do Carmen e a actuación da orquestra Panorama e por motivos de seguridade para os nosos veciños e visitantes, realizaranse un corte de tráfico na vía para maior desfrute da mesma polos participantes.

O corte de tráfico terá lugar o xoves 16 de xullo de 22.30 horas a 2.00 horas do venres 17 de xullo.

O corte ABSOLUTO do tráfico rodado na PO-552, a travesía que cruza a vila, será desde a rotonda do Porto Pesqueiro (PK. 16’400) ata a rotonda do “Villa Rosa” (PK. 17´000). Este tramo da vía converterase en peonil durante a actuación do orquestra para dar maior seguridade ao público asistente ao evento.

O operativo de Pre-sinalización na PO-552 con desvíos alternativos será en dirección Vigo-Baiona:
– Na rotonda da autoestrada en Sabarís
– Na rotonda do “Persígueme”
– Na rotonda de “Puga”
En dirección A Guarda-Baiona:
– Na rotonda de Baredo
– Na rotonda do “Villa Rosa”
A desviación da circulación de vehículos durante o período sinalado efectuarase polos viais da EP 2201(subida a Baíña), EP 2202 (subida á Virxe da Roca), EP 2203 (subida a Baredo) e viais secundarios.
O acceso puntual a Club Naútico Monterreal, aparcadoiro da Palma e Parador efectuarase a través da rotonda do porto pesqueiro.

Este corte é necesario para garantir a seguridade das persoas asistentes á verbena xa que se prevé unha gran afluencia de público.

Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza e de todas aquelas persoas que se acheguen a Baiona para desfrutar das festas en honra da Virxe do Carmen para que o operativo de tráfico desenvólvase da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar o operativo.

Así mesmo, solicítase aos bañistas que desaloxen a praia o xoves 16 de xullo ás 18.00 horas para a colocación dos fogos artificiais da noite por parte da empresa de pirotecnia.

A institución local informa de que para a actuación de Panorama habilitouse na zona de entrada nun lateral, un espazo designado para as Persoas con Movilidad Reducida( zona PMR).

Comparte este artigo