Home Terra de Celanova Cartelle Deputación e Concello de Cartelle promoven o deporte feminino cun torneo de...

Deputación e Concello de Cartelle promoven o deporte feminino cun torneo de fútbol sala

- Anuncio -

Esta será a segunda ocasión na que Cartelle acolla o campionato máis premiado de Europa nesta disciplina

A Deputación de Ourense e o Concello de Cartelle colaborarán na organización dun torneo cuadrangular de fútbol sala feminino que se celebrará a finais do próximo verán, tal e como acordaron o presidente provincial, Manuel Baltar, e o alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, nunha reunión na que estiveron presentes os representantes da empresa Taffa Sports, dedicada á organización de eventos deportivos e que se fará cargo deste torneo.

Manuel Baltar afirmou que esta proposta de cooperación “nos permite dar continuidade ao decidido apoio que ambas as dúas institucións están a dar á práctica deportiva en xeral e, nomeadamente, ao deporte feminino”, palabras que agradeceu Jaime Sousa xa que, segundo sinalou, “en Cartelle vimos facendo unha firme aposta polo fútbol sala nesta categoría que imos seguir promovendo e cunha cita que de seguro xerará o interese dos afeccionados”, destacando que esta será a segunda ocasión na que as instalacións municipais acollan o campionato máis premiado de Europa nesta disciplina.

O torneo contará coa participación de catro equipos de prestixio e as datas de celebración quedarán fixadas unha vez que os clubes pechen a súa planificación, en función do calendario de partidos oficiais que deben disputar. Esta competición ten como referencia a celebración do maratón de fútbol sala feminino Cartelle 2019, que no puido ter continuidade en 2020 debido á pandemia, polo que este torneo se presenta como un punto intermedio cara a organización dunha nova maratón en 2022.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

A Deputación concede 35.000 euros a Pontecesures para reformar os vestiarios do pavillón polideportivo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa preto de 2,3 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

A Deputación dá inicio ao mes das Letras Galegas con diferentes actividades para poñer...

0
O Museo de Pontevedra ten en marcha contacontos ilustrados sobre Villalta para o público escolar, que terán lugar os días 2, 3 e 7...

Luis López tende pontes entre a Deputación e a poboación arxentina da provincia nun...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez, recibiron no Pazo provincial á consulesa da República de Arxentina en...

Publicacións Relacionadas