A actuación de Celso F. Sanmartín e Fernando “Palitos” celebrarase ás 19:30 horas, permitindo ao público desfrutar da cultura e do encontro da Selección Española
O Concello de Pazos de Borbén informa do adianto do horario da actuación programada dentro do Festival Atlántica, que terá lugar este venres 10 de xullo no Auditorio Municipal.
A sesión, protagonizada por Celso F. Sanmartín e Fernando “Palitos”, prevista inicialmente para as 21:00 horas, comezará finalmente ás 19:30 horas.
Esta decisión foi adoptada tras a clasificación da Selección Española para os cuartos de final do Mundial, co obxectivo de facilitar que a veciñanza poida gozar tanto da proposta cultural como do importante encontro deportivo, sen ter que renunciar a ningún dos dous plans.
Desde o Concello considérase que a cultura e o deporte son dúas formas de encontro e convivencia que poden complementarse, polo que este cambio de horario busca ofrecer unha alternativa que permita vivir unha tarde completa, primeiro coa narración oral do Festival Atlántica e, posteriormente, animando á selección.
O Goberno local pide desculpas polas posibles molestias que este cambio poida ocasionar e agradece a comprensión de todas as persoas asistentes.
A actuación manterase no Auditorio Municipal de Pazos de Borbén, con entrada libre, dando comezo ás 19:30 horas.
Novo horario:
Venres, 10 de xullo
19:30 horas
Auditorio Municipal de Pazos de Borbén
Acceso libre.

