HomePontevedraCaldasO concello de Portas esgota en horas as entradas para poder asistir...

O concello de Portas esgota en horas as entradas para poder asistir ao concerto de Xoel López, Sabela e Alice Wonder que servirá para celebra-lo “Día da Dona”

- Anuncio -spot_img

O evento terá lugar no auditorio da Azucreira, o domingo 30 de maio ás 19:30 horas

O Concello de Portas esgotou en escasas horas as entradas para poder asistir ao concerto que como celebración do “Día da Dona” protagonizarán Xoel López, Sabela e Alice Wonder e que terá lugar o vindeiro domingo 30 de maio, a partir das 19:30 horas, no Auditorio da Azucreira.

Pese ás restricións marcadas pola pandemia, o Concello de Portas non quere que este ano se deixe de homenaxear á figura de Concepción Pérez Iglesias, primeira alcaldesa de Galicia e unha das de España, e a tódalas mulleres do municipio polo que adaptará o “Día da Dona” a un formato moi diferente ao que viña sendo habitual e adoptará a forma dun concerto no Auditorio da Azucreira.

Para acudir a este evento, era imprescindible pasar a recoller invitación nas dependencias do Concello de Portas que abreu o prazo esta mesma mañá ás 9 horas e xa esgotou todo o aforo dispoñible en moi pouco tempo polo que as autoridades municipais piden disculpa a aquelas persoas que querían optar a unha destas entradas para acceder ao espectáculo.​

Debido a cuestóns organizativas e á limitación do aforo do auditorio Municipal da Azucreira de Portas, por mor da pandemia da Covid-19, cada persoa podía recoller un máximo de 3 invitacións e tivo que deixar os datos persoais, DNI e teléfono de cada unha das invitacións retiradas. Os datos almacenaranse no arquivo do Concello de Portas por un mes para consulta das autoridades santiarias segundo o protocolo vixente, despois dese mes os datos serán destruidos conforme a Lei de Protección de Datos.

Publicacións Relacionadas