O concello de Nigrán abre o mércores e xoves a inscrición para a celebración do Día dos Avós o domingo 26 de xullo no Torreiro de Priegue

Redacción

O límite é de 200 prazas por rigurosa orde de inscrición e só para persoas empadroadas en Nigrán maiores de 65 anos

O Concello de Nigrán festexará un ano máis o ‘Día dos Avós’ co xa tradicional almorzo popular e baile posterior o domingo 26 de xullo no Torreiro de Priegue. O evento é totalmente gratuíto e está dirixido a persoas empadroadas en Nigrán de máis de 65 anos. O día de inscrición será o mércores e xoves 15 e 16 de xullo de 09:00 a 12:00 horas presencialmente no Centro Social de Maiores de Vilameán (ao carón do Concello), permitíndose que cada quen anote a un máximo de dúas persoas e distribuíndose as 200 prazas dispoñibles por rigorosa orde. O evento non dispón de servizo de autobuses para o traslado dos asistentes.

A xornada comezará cunha sesión de fotos en photocall ás 13:00 horas para posteriormente celebrar o xantar con menú a base de salpicón, carne asada, tarta de piña, bebida e café. A continuación celebrarase o baile con Sergio cantante e DJ. A concellería de Maiores celebra deste xeito a efeméride de San Xaquín e Santa Ana, co obxectivo de que, como cada ano, os participantes vivan unha xornada festiva de confraternidade nun ambiente familiar e distendido.

Comparte este artigo