O Porriño instala unha pantalla xigante na praza do Concello para seguir o España – Francia

Redacción

O Porriño segue animando a La Roja. Logo do éxito de convocatoria do España-Bélxica, con varios centos de persoas seguindo e animando á selección, o Concello do Porriño vén de anunciar a instalación dunha pantalla xigante nesta ocasión na Praza do Concello para que toda a veciñanza poida seguir en directo o emocionante encontro do Mundial entre España e Francia.

A cita arrancará a partir das 21:00 h do martes 14 na praza Arquitecto Antonio Palacios e o Concello convida a grandes e pequenos a seguir dende alí o encontro de Semifinais dende o asubío inicial. “Estamos seguros que de novo este partido será unha festa do deporte no Porriño”, asegura Alejandro Lorenzo, que destaca a dobre emoción dun encontro destas características cando se vive en comunidade.

Comparte este artigo