O prazo de solicitude está aberto ata o día 3 de agosto. Está dirixido só a alumnado empadroado aquí e de colexios públicos do muncipio
O Concello de Nigrán, tal e como publicou hoxe o Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ten aberto ata o 3 de agosto o prazo de solicitude de axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar en Infantil no curso 2026/27. A contía é de 65 euros por cada neno/a e mantense o requerimento indispensable de que os/as beneficiarios/as sexan unidades familiares empadroadas no municipio e con fillos/as matriculados/as en centros públicos de Nigrán en Educación Infantil, 2ª etapa, no curso 2026-2027. Os/as beneficiarios/as non deben superar o límite de recursos establecido nas bases, que se poden consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Nigrán ou no BOPPO número 121 do 29 de xuño de 2026.

