Home Pontevedra Poio Para o PP os tres alcaldes de Poio traen máis impostos, máis...

Para o PP os tres alcaldes de Poio traen máis impostos, máis débeda, máis promesas e poucos feitos

- Anuncio -

• Ángel Moldes di que participación e a transparencia da que presumían “son totalmente inexistentes. Convertéronse nun goberno de imposición”.

• Sinala que “xa cumpriron as vodas de prata, é un descaro que sigan prometendo o mesmo. É tempo dabondo para converter as promesas en feitos”.

• “Son dous anos perdidos, a xestión do Goberno é máis do mesmo. A única diferenza é que antes había dous alcaldes e agora temos tres”.

O PP de Poio fixo esta mañá balance dos dous primeiros anos de mandato do Goberno Tripartito, que o voceiro Ángel Moldes resumiu en “aumento de impostos, aumento da débeda, máis promesas e moi poucos feitos”. Para os populares, “están centrados nos titulares, en dicir que solucionaron grandes problemas para Poio cando a realidade nos amosa que estamos exactamente igual que hai dous anos, pero con máis impostos e máis débeda”.
O popular ironizou con que os grandes logros dos tres alcaldes nestes dous anos foron subir os impostos aos veciños no peor momento posible, cunha pandemia sanitaria e económica, e mentres os ingresos das familias diminúen, e incrementar a débeda municipal “sen precedentes”, que ascende xa aos 9 millóns de euros e que vai hipotecar o futuro das xeracións máis novas. Nesta liña, Moldes explicou que en 2019 a débeda do concello era de 5 millóns de euros e ese ano pediron un préstamo por importe de 650 mil euros, en 2020 outro por valor de 500 mil e este ano outro que ascende a 2,7 millóns de euros.
Un endebedamento do concello que, sinala, contrasta cos feitos, xa que “a pesar de que levan xa 26 anos gobernando seguen facendo exactamente as mesas promesas incumpridas ano tras ano. Xa cumpriron as vodas de prata, é un descaro que sigan prometendo o mesmo. É tempo dabondo para converter as promesas en feitos”, criticou. Como exemplos, sinalou que seguen dicindo que van a ampliar o servizo da Policía Local a 24 horas ou que despois de todo estes anos aínda hai veciños que carecen de servizos básicos esenciais, “en núcleos como Vilariño, Fragamoreira ou outros que están a menos de cen metros da Casa do Concello. O problema do saneamento en Poio non está resolto. Dicir o contrario non é serio”.
No que se refire ao pacto de Goberno do tripartito, Moldes criticou que a participación e a transparencia da que presumían “son totalmente inexistentes. Convertéronse nun goberno de imposición”, e non teñen un proxecto para Poio, “funcionan a golpe de protestas e publicacións nas redes sociais”. Referiuse a que os plenos se retransmiten grazas a unha proposta do PP que foi rexeitada por BNG e PSOE, e que “a participación é nula, como xa se demostrou nas alegacións que os veciños presentaron ao orzamento municipal e que foron rexeitadas, ou no Plan Cultural que se presentou sen informar nin contar cos colectivos e asociacións de festas”.
Para concluír, para os populares “estes dous anos foron perdidos, e a xestión do Goberno é máis do mesmo”. A única diferencia, sinalan, “é que antes había dous alcaldes e agora temos tres. As promesas de Avante Poio de máis transparencia, máis participación e redución da débeda foron só unha declaración de intencións”.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas