Dende o Club Salvamento Acuático Laracha – SAL comparte os excelentes resultados acadados nos Campionatos Galegos de Praia.
O club pechou a competición cun balance extraordinario, proclamándose:
🏆 Campión Galego por Clubs en Infantil.
🏆 Campión Galego por Clubs en Cadete.
🥉 3º Club de Galicia en Júnior.
👏 4º Club de Galicia en Absoluto.
Uns resultados que reflicten o gran traballo realizado durante toda a tempada e consolidan ao SAL como un dos clubs de referencia do salvamento e socorrismo galego.
A próxima fin de semana o SAL competirá no Campionato de España Estival Xuvenil, Júnior e Absoluto, en Noja (Cantabria), e a seguinte será a quenda das categorías Infantil e Cadete no Campionato de España de Praia, en Laredo (Cantabria).

