A Presidenta participa xunto ao Alcalde de Foz na misa na honra da Virxe do Carme

Redacción

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Alcalde de Foz e Deputado provincial, Francisco Cajoto Caserío, asistiu este mércores na Praza Conde de Fontao de Foz á misa cantada polo coro Mar Aberto na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros. A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.

Comparte este artigo