O concello de Nigrán proxecta “Rondallas” este mércores no Torreiro de Parada coincidindo coa súa Semana Cultural

Redacción

O Concello elixíu esta longametraxe de Daniel Sánchez Arévalo atendendo a tradición rondalleira desta parroquia

O Concello de Nigrán ofrecerá este mércores 22 de xullo ás 22:30 horas no Torreiro de Parada unha sesión de cine ao aire libre coa película ‘Rondallas’, de Daniel Sánchez Arévalo. O Concello elixíu esta longametraxe para proxectala dentra da semana cultural do Centro Cultural Parada do Miñor e atendendo precisamente á tradición rondalleira desta parroquia.

A película é unha traxicomedia protagonizada por Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga, Xosé A. Touriñán e Marta Larralde. Estreouse en cines españois o 1 de xaneiro de 2026. Dous anos despois do naufraxio dun pesqueiro onde morreron sete tripulantes, os habitantes dun pequeno pobo pesqueiro da costa de Galicia intentan resucitar a súa banda e seguir coas tradicións, pero para iso necesitan recuperar a ilusión.

Comparte este artigo