Home Pontevedra Deza A Xunta e o concello de Rodeiro asinan o convenio para a...

A Xunta e o concello de Rodeiro asinan o convenio para a instalación dun videomarcador no Pavillón Municipal

- Anuncio -

En total, o importe do videomarcador ascende a 24.000 euros que serán sufragados pola Xunta de Galicia nun 84% (20.000 euros) e polo Concello de Rodeiro no restante 16% (4.000 euros)

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López, veñen de visitar o Concello de Rodeiro para a sinatura do convenio de colaboración polo que as administracións autonómica e municipal colaborarán para o subministro e instalación dunha pantalla de videomarcador no pavillón municipal.
En total, o importe do videomarcador ascende a 24.000 euros que serán sufragados pola Xunta de Galicia nun 84% (20.000 euros) e polo Concello de Rodeiro no restante 16% (4.000 euros).
O secretario xeral destacou nas súas verbas a importancia da promoción do deporte en municipios como o de Rodeiro que conta cuns 2.500 habitantes, para que todos os cidadáns e cidadás galegos e galegas poidan desfrutar da práctica deportiva nas mellores condicións e gozar dunha vida activa e saudable. Ao fío desta idea destacou aos primeiros equipos do municipio pontevedrés e, nomeadamente ao Balonmán Rodeiro que realiza un gran labor nas categorías inferiores como demostra a clasificación do equipo infantil feminino por vez primeira para a fase do Campionato de España tras proclamarse subcampioas na Final Four galega.
En total, dos 32.474.216 euros cos que conta a Secretaría Xeral para o Deporte en 2021 (un 28,5% máis que en 2020), 9,15 millóns serán destinados a obras de creación e reforma de infraestrutura deportiva, un 118% máis que en 2020 cando se destinou ao mesmo obxecto 4,2 millóns de euros.

Relacionadas

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

A Xunta reúnese coa AECT Río Minho para abordar os proxectos en marcha en...

0
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse cos responsables desta entidade de cooperación, no marco da rolda de contactos...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Mondariz incorpora catro traballadores ao servizo de desbroces

0
O Concello de Mondariz informa que no vindeiro mes de maio incorporará 4 traballadores ao servizo de limpeza e desbroces que desempeñarán as súas...

Covelo e AFAGA alíanse para previr e mellorar o día a día das familias...

0
Grazas a esta colaboración a veciñanza de Covelo poderá participar nas distintas clases gratuítas impartidas unha vez á semana por profesionais da saúde dentro...

Publicacións Relacionadas