• “Resulta incomprensible que a alguén do BNG ocórralle poñer un composteiro ao lado da terraza dun dos restaurantes de referencia que ten Pontevedra”, afirma
• O PP non comparte a aposta do alcalde por este tipo de instalacións nos núcleos urbanos: “Se Lores quere seguir enchendo a cidade de composteiros, o mínimo que se lle pode esixir é sensibilidade á hora de elixir localizacións que molesten o menos posible”
O presidente local e portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, instou ao Gobierno municipal do BNG e ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores a paralizar a instalación do composteiro comunitario que teñen previsto instalar na zona axardinada situada xusto diante do restaurante Casa Román, na avenida Augusto García Sánchez.
Domínguez reclamou que “busquen unha localización alternativa que non prexudique á actividade hostaleira”, despois de que o Concello de Pontevedra comezase os traballos previos para instalar o composteiro, ata o punto de que parte do material necesario para a construción da base da instalación xa se atopa sobre o terreo.
O líder do PP insistiu en que a súa formación política non comparte a aposta por este tipo de instalacións nos núcleos urbanos e lembrou que a súa implantación nos centros das cidades europeas é moi limitada. De todos os xeitos, o dirixente popular mostrou a súa convicción de que, máis aló da teimosía do Gobierno municipal do BNG por este tipo de instalacións, “o que non ten ningún sentido é colocar un composteiro comunitario ao lado da terraza dun restaurante”.
O dirixente popular considera “incomprensible” que os nacionalistas se decanten por esta localización no barrio de Campolongo, que podería causar un prexuízo evidente para un dos establecementos hostaleiros máis recoñecidos da cidade. “Non é lóxico que a ninguén do BNG ocórralle poñer un composteiro comunitario ao lado da terraza dun dos restaurantes de referencia que ten Pontevedra”, afirmou.
“Se o Concello quere seguir enchendo Pontevedra de composteiros, o mínimo que se lle pode esixir é que actúe con criterio e busque emprazamentos adecuados. Esiximos a Lores sensibilidade á hora de elixir localizacións que molesten o menos posible aos veciños e a un sector que xera emprego e actividade económica na cidade”, concluíu Domínguez.

