Novo acto vandálico no parque dos Subarreiros. Só uns días despois da posta a punto do galeón, así se atopa o solo amortiguador de impactos deste xogo. Dende o Concello queremos denunciar os reiterados danos que, nos últimos tempos, se están a producir nas áreas infantís do municipio. Unha situación que prexudica aos nenos e nenas, poñendo en risco a súa seguridade, e prexudica tamén ao erario público. Só un dato, nos traballos de mantemento realizados investíronse varios miles de euros.
Rogamos responsabilidade para garantir un bo uso das instalacións, lembramos que os parques infantís son exclusivamente para os más pequenos da casa, e solicitamos a colaboración veciñal para identificar aos autores destes danos.

