Home O Condado Mondariz Calis propón ao goberno municipal a reapertura da piscina de Mondariz este...

Calis propón ao goberno municipal a reapertura da piscina de Mondariz este verán

- Anuncio -

Pídelle que siga o exemplo de Covelo, As Neves ou A Cañiza

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, portavoz de AporM, vén de rexistrar un escrito solicitando a
reapertura da piscina municipal do Pé do Muíño “neste verán”. Calis sinala que as medidas
sanitarias que están a adoptar tanto o goberno de España como o goberno da Xunta de Galicia van no sentido de relaxar, de forma progresiva, as restricións (uso da máscara, utilización dos espazos públicos, etc), de forma que “o escenario que se presenta é moito máis favorable que o que vivimos ata agora, facendo viable a recuperación da vida social que vivimos antes da pandemia”.

O líder da oposición mondarizá pídelle ao goberno municipal que mire a concellos como
Covelo, As Neves ou A Cañiza, que abrirán as súas piscinas nas próximas semanas, “o que
conecta coa demanda da veciñanza de Mondariz, que está a vivir agora unha onda de calor
que volverá con máis forza nos meses de xullo e agosto”.

AporM pídelle ao goberno local que “adopte todas as medidas de seguridade necesarias para
dar este servizo este verán, controlando a capacidade de acollida e limpando as instalacións
coa periodicidade necesaria, sobre todo os vestiarios”. Montes Bugarín avoga porque
Mondariz vaia recuperando pouco a pouco a normalidade da vida social, o que pasa por
recuperar servizos públicos como o da piscina municipal.

Deterioro das instalacións
O portavoz municipalista sinalou tamén que “se este verán non abre a piscina, sumará dous
anos pechada, o que provocará o deterioro das instalacións, de forma que, cando reabra en
2022, as obras que haberá que acometer con cargo ao orzamento municipal serán maiores”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas