Home A Coruña Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproba a composición da nova xunta...

Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) aproba a composición da nova xunta directiva para os próximos dous anos

- Anuncio -

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, liderará o equipo directivo nos próximos dous anos, asumindo a Presidencia do ente xestor do turismo de Costa da Morte

O pasado luns 21 de xuño, celebrouse en Vimianzo unha Asamblea da Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), na que, entre outros puntos a tratar, tivo lugar a elección da nova Xunta Directiva, tras os dous anos do mandato do anterior presidente, o alcalde de Muxía, Santiago Toba.

A nova Xunta Directiva, elixida por unanimidade, está composta polos representantes dos concellos de Vimianzo (Presidencia), Camariñas (Vicepresindencia), Cabana de Bergantiños (Tesourería), APTCM (Secretaría e primeiro vogal), Fisterra (segundo vogal) e Carballo (terceiro vogal).

Agradendo a boa labor na xestión da entidade realizada polo anterior equipo directivo, especialmente a Santiago Toba como Presidente, José Manuel López como vicepresidente e José Luis Pérez como vogal, comeza unha nova etapa no xeodestino, cun equipo ilusionado e con gañas de traballar en conxunto polo desenvolvemento e a promoción turística do destino de Costa da Morte.

No marco da asamblea, comunicouse a todos os socios a resolución das axudas da Deputación da Coruña para as actividades de 2021, onde terá especial protagonismo o marketing online, o Camiño Fisterra–Muxía, (en honra da celebración do Ano Santo Xacobeo), a realización de varios blog trips, o posicionamento de Costa da Morte como destino familiar e a realización de diferentes elementos audiovisuais que promocionen as vivencias e emocións que se poden vivir arredor do patrimonio natural e cultural de Costa da Morte.

Relacionadas

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento no río Grande, nos concellos de...

0
As tarefas céntranse nun treito de preto de 5 quilómetros e inclúen a roza puntual e selectiva de arbustos e a retirada de árbores...

Incendio nunha nave na parroquia de Aguiño, no Concello de Ribeira

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Ribeira, en colaboración cos compañeiros do parque de Boiro, asistiron a primeira hora desta tarde, luns 6...

O colexio público de San Sadurniño celebrará o seu 50º aniversario cun xantar de...

0
O CPI de San Sadurniño celebra durante este curso 2023-24 o medio século de vida. Foi en decembro de 1973 cando se inauguraron unhas...

Belén do Campo reúnese con Teresa Villaverde e destaca os investimentos por case 1...

0
A delegada lembrou que a Xunta investirá este ano case 1 millón de euros na nova depuradora que dará servizo a 382 veciños e...

Pablo Lago pídelle á subdelegada do Goberno que a banda ancha chegue a todas...

0
Alcalde e subdelegada repasaron o mapa de cobertura do concello, que actualmente conta con 246 unidades de actuación en funcionamento o que supón o...

Carballo, sede dunha xornada do Eixo Atlántico sobre as novas liñas de financiamento das...

0
Na reunión, programada para este xoves 9 no Fórum, participarán representantes dos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza As ETI (Estratexias Territoriais...

Publicacións Relacionadas