Home Pontevedra O Salnés A Xunta adxudica a construcción dunha Senda Peonil na estrada autonómica PO-300...

A Xunta adxudica a construcción dunha Senda Peonil na estrada autonómica PO-300 no concello de Ribadumia

- Anuncio -

― Os traballos, adxudicados por case 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo estimado de 2 meses

― Trátase de mellorar a seguridade viaria dos peóns, coa construción dun itinerario na marxe dereita da vía autonómica, que actualmente carece de zona de circulación independente do tráfico rodado

― O itinerario terá un ancho mínimo de 1,8 metros, con bordos, e contará cunha varanda de protección no extremo

― Na zona contigua á senda, aproveitando a franxa existente entre esta e a actual calzada, dispoñerase tamén unha zona de aparcamento

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a construción dunha senda peonil na estrada autonómica PO-300, ao seu paso polo concello de Ribadumia.
O contrato foi adxudicado á empresa Arines Obras y Proyectos, SL, por case 48.000 euros. Os traballos comezarán nas vindeiras semanas e teñen un prazo de execución de 2 meses.
Trátase de mellorar a seguridade viaria dos peóns coa construción dun itinerario na marxe dereita desta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos. 4+700 – 4+815, que actualmente non conta con zona de circulación independente do tráfico rodado.
As obras consistirán na execución dunha senda, cun ancho mínimo de 1,80 metros, de formigón terrizo, que disporá de bordos elevados 10 centímetros con respecto á calzada.
Nas zonas onde actualmente existe firme ou beiravía, realizarase a escavación ata a profundidade necesaria para a posterior execución da zona peonil. E no extremo máis exterior, a senda apoiarase sobre o muro de perpiaño existente, e para protexer de posibles caídas, colocarase unha varanda de protección.
Na zona contigua á senda proxectada, aproveitando a franxa existente entre esta e a actual calzada, dispoñerase tamén unha zona de aparcamento.
Nas obras, ademais, incluirase a execución dunha canalización subterránea e sumidoiros e pozos de rexistro que permitan a evacuación óptima da auga da plataforma e da propia zona de circulación peonil.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas