A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense tratará 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que terá lugar mañá, xoves, 3 de setembro, ás 11.30 horas no salón de plenos. A orde do día inclúe 6 expedientes presentados polo Servizo de Licenzas e Aperturas, 2 de Contratación, 1 de Asuntos Sociais, 1 de Asesoría Xurídica e 13 de Avogacía Consistorial.

Licenzas e aperturas (6). Resolverá as solicitudes de licenzas de obra para os proxectos de:

  • reforma de tres locais para prazas de garaxe e trasteiros nun inmoble nas rúas Ricardo Courtier e Roi Páez,
  • mellora de acceso ao garaxe dunha vivenda unifamiliar na rúa do Polvorín,
  • reforma de portal e modernización de ascensor dun edificio na Avenida de Santiago,
  • cambio de uso e adaptación dun local para garaxe – aparcamento privado e rochos na rúa Monte Medulio,
  • reforma de portal e instalación de plataforma elevadora vertical nun edificio na rúa Doctor Fleming, e
  • obra e actividade de centro de psicoloxía e logopedia no baixo dun inmoble na rúa Lugo.

Contratación (2). Adxudicará, se procede, o contrato das obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na praza da Lexión, e aprobará a modificación número 1 do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e dirección facultativa para a construción e urbanización do Parque Coto Canedo.

Asuntos sociais (1). Dará o visto e prace á cesión en favor de Cáritas Diocesana de Ourense do uso de 3 vivendas sociais.

Asesoría xurídica (1). Proporá ordear a execución dun acordo de requirimento de abono ditado polo tribunal de instancia Sección do Contencioso-Administrativo Praza n.º 2 de Ourense.

Avogacía consistorial (13). Dará conta de que o Concello persoarase diante dos tribunais de instancia do Contencioso-Administrativo en 12 procedementos abreviados e diante da Sección de Instrución nunhas dilixencias previas.

Comparte este artigo