A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 23 asuntos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar hoxe pola mañá no salón de plenos.

Licenzas e aperturas (6). Concedeu as licenzas de obra para os proxectos de:

  • reforma de tres locais para prazas de garaxe e trasteiros nun inmoble nas rúas Ricardo Courtier e Roi Páez,
  • mellora de acceso ao garaxe dunha vivenda unifamiliar na rúa do Polvorín,
  • reforma de portal e modernización de ascensor dun edificio na Avenida de Santiago,
  • cambio de uso e adaptación dun local para garaxe – aparcamento privado e rochos na rúa Monte Medulio,
  • reforma de portal e instalación de plataforma elevadora vertical nun edificio na rúa Doctor Fleming, e
  • obra e actividade de centro de psicoloxía e logopedia nun baixo dun inmoble na rúa da Lugo.

Contratación (2). Adxudicou o contrato para executar as obras do proxecto de acondicionamento e mellora da accesibilidade na praza da Lexión. Serán realizadas pola empresa Oreco Balgón SA, que presentou a oferta con mellor relación de calidade e prezo, por un importe de 845.190.77 euros, IVE incluido.

As obras, promovidas polo Concello de Ourense, serán cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Plurirrexional de España 2021-2027 dentro da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (Plan EDIL). Así mesmo, a actuación conta coa colaboración da Deputación de Ourense, a través do Programa especial de cooperación ás obras promovidas polo Concello de Ourense.

A xunta local tamén aprobou a modificación número 1 do contrato de redacción do proxecto, execución das obras e dirección facultativa para a construción e urbanización do Parque Coto Canedo, e autorizou o gasto, por importe de 1.347.737,40 euros, IVE incluído.

Asuntos sociais (1). Deu o visto e prace á cesión en favor de Cáritas Diocesana de Ourense do uso de 3 vivendas sociais, que serán destinadas á execución do proxecto Luscofusco, un programa de vivenda temporal e inclusión social que ofrece acollida a persoas e familias en situación de vulnerabilidade ou exclusión residencial.

Asesoría xurídica (1). Ordeou a execución dun acordo de requirimento de abono ditado polo tribunal de instancia da Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2, de Ourense.

Avogacía consistorial (13). Deu conta de que o Concello persoarase diante dos tribunais de instancia do Contencioso-Administrativo en 12 procedementos abreviados e diante da Sección de Instrución nunhas dilixencias previas.

Comparte este artigo