O equipo da asociación Ziptie Motorsport participará no certame internacional HTL Zero Emission Challenge, en Austria
A Praza Maior acolleu este mediodía a presentación do kart eléctrico Project: Zero, desenvolvido por un equipo de cinco estudantes de Enxeñería Aeroespacial do campus de Ourense, motivados pola paixón pola enxeñería e o karting eléctrico. O acto contou coa participación do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, representantes de todos os grupos políticos municipais, e os integrantes do equipo ourensán, agrupado na asociación xuvenil Ziptie Motorsport: Nicolas Outón, José Luis Penide, Guillermo Penide, Pablo Froiz e Carlos Vázquez.
A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ourense para dar visibilidade ao talento mozo e á innovación tecnolóxica local, e está patrocinada pola empresa concesionaria do servizo de limpeza municipal.
O equipo foi convidado a participar este ano no HTL Zero Emission Challenge, unha competición centrada na mobilidade eléctrica e sostible que se celebrará en Austria os días 21 e 22 de outubro no TGM. Ziptie Motorsport fará historia ao ser o primeiro equipo internacional en participar no evento.
O alcalde felicitou os estudiantes ourensáns por esta iniciativa, e desexoulles moita sorte e éxitos na súa participación no certame e no seu futuro profesional.
Para a construción do vehículo, os estudantes utilizaron como base o chasis dun EKR SR3 e desenvolveron de forma propia o resto dos compoñentes e do tren de potencia eléctrico
NOTA. Podedes contactar con eles a través do teléfono 633371482 e o correo contacto.ziptiemotorsport@

