Os autobuses urbanos de Ourense serán gratuítos desde o vindeiro mércores, 16, ata o martes, 22 de setembro, pola celebración da Semana Europea da Mobilidade.
O Concello de Ourens súmase un ano máis a esta iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar sobre as consecuencias negativas que ten o uso irracional do coche na cidade para a saúde pública e o medio ambiente, e dos beneficios do uso de modos de transporte máis sostibles como o transporte público, a bicicleta ou as viaxes a pé.
A edición 2026 da semana europea ten como lema “ “Mobilidade para todas as persoas”, e busca garantir que toda a cidadanía, sen importar o seu nivel de ingresos, localización, idade, xénero ou capacidades, poida acceder a un transporte sostible e eficiente”.

