O PP de Pontevedra súmase á concentración nacional en apoio a Ceuta e invita a todos os pontevedreses a participar

Redacción

• Os populares secundarán a convocatoria da FEMP o próximo 2 de setembro, ás 20.00 horas, na Praza de España
• Pepa Pardo: «Isto non é unha cuestión de ideoloxía, senón de principios e de sentido común, porque Ceuta somos todos»

de agosto de 2026. O Partido Popular de Pontevedra sumarase o próximo 2 de setembro á concentración convocada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para mostrar o seu apoio e solidariedade co pobo ceutí ante a situación provocada pola invasión sufrida en Ceuta o pasado 30 de xullo.

A concentración terá lugar ás 20.00 horas na Praza de España, fronte ao Concello de Pontevedra, coincidindo coas convocatorias que se celebrarán á mesma hora ante os concellos de toda España.

A secretaria xeral do PP de Pontevedra, Pepa Pardo, confirmou a participación dos populares pontevedreses e fixo un chamamento aos veciños da cidade para que se sumen á convocatoria.

“Queremos mostrar o noso apoio e solidariedade co pobo ceutí e dicirlles aos ceutíes alto e claro que non están sós”, sinalou Pardo.

A edil popular subliñou que a convocatoria debe estar por encima de calquera diferenza política: “Isto non é unha cuestión de ideoloxía, senón unha cuestión de principios e de sentido común, porque Ceuta somos todos”.

“Temos que dicirlles que estamos con eles e que lles apoiamos”, insistiu Pardo, que animou aos pontevedreses para acudir o próximo 2 de setembro á Praza de España.

“Desde o Partido Popular de Pontevedra facemos un chamamento a todos os pontevedreses para que se sumen a esta concentración e mostremos xuntos todo o noso apoio ao pobo ceutí”, concluíu.

Comparte este artigo