Home Pontevedra A Paradanta O PP pregunta ao Goberno central si apoia o trazado da alta...

O PP pregunta ao Goberno central si apoia o trazado da alta tensión ratificado por Portugal que afecta a Arbo e As Neves ou si buscará consenso cos concellos afectados

- Anuncio -

• O alcalde Horacio Gil reuniuse en Madrid cos deputados nacionais da provincia, que rexistraron no Congreso unha iniciativa ante a comisión de Transición Ecolóxica para que o Goberno manifeste a súa posición respecto ao proxecto da LAT.


• Recordan que ningunha das diferentes alternativas que se propuxeron contan co consenso veciñal, pola proximidade ás vivendas e polas afectacións para o sector vitivinícola, ao patrimonio ao medio ambiente e á saúde dos veciños

O Partido Popular esixirá ao Goberno central que aclare a súa postura respecto do proxecto da Liña de Alta Tensión de 400 kv en Arbo e As Neves. Será a través dunha batería de preguntas no Congreso, que os deputados da provincia de Pontevedra, Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas e Juan Constenla, acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, rexistraron esta mañá en Madrid.

A través desta pregunta, esixirán ao Goberno que aclare si contempla a posibilidade de reiniciar desde un punto cero o estudo das alternativas ao trazado da LAT na procura dun consenso cos veciños e concellos afectados. Os populares recordan que ningunha das alternativas que se plantexaron ata o de agora desde Rede Eléctrica suscitaron consenso veciñal nin tampouco recibiron o apoio institucional dos concellos polos que transcorre o trazado. Explican que este trazado pasa a escasos 20 metros das vivendas, co risco que supón para a saúde dos veciños e veciñas afectados, pero ademais, provoca grandes prexuízos tanto para o medio ambiente e a paisaxe -as marxes que transcorren polo río Miño encádranse na Rede Natura 2000-, como para os viñedos e viticultores da zona.

Ademais, os populares tamén amosan a súa preocupación polo feito de que o Goberno de Portugal ratificase recentemente manter o trazado transfronteirizo desta liña, polo que preguntan si o Goberno español comparte esta posición e si acordaron ou negociaron a postura portuguesa. “Queremos saber si o Goberno admite a posición unilateral de Portugal sobre este proxecto, en especial ao referente ao punto de conexión con Galicia, e tamén si participou dese acordo ou negociación”, sinala Ana Pastor.

Pola sua parte, Horacio Gil insiste na enorme preocupación que hai entre os veciños das parroquias de Sela e Barcala, no concello de Arbo, pero tamén de Vide, en As Neves, polas importantes repercusións que terá a liña de alta tensión para o territorio e para as persoas, e por iso esixe que desde o Goberno central se lle dean respostas ás súas preguntas. “Non podemos seguir máis tempo con estas incertezas, o Goberno de España debe ser claro e explicar que é o que ten pensado facer. Atender as demandas dos veciños e dos concellos, ou actuar de costas a eles”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas