Home Vigo Pazos de Borbén Pazos de Borbén organiza un campamento de conciliación familiar durante o verán

Pazos de Borbén organiza un campamento de conciliación familiar durante o verán

- Anuncio -
  • A actividade é totalmente gratuíta
  • O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa oficina de Servizos Sociais, organiza un campamento infantil de verán para fomentar a conciliación coa vida laboral das familias do municipio. A iniciativa levará a cabo do 12 de xullo ao 31 de agosto e a participación é totalmente gratuíta xa que conta co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

  • O obxectivo do campamento, explicou o alcalde, Andrés Iglesias, é “facilitar aos veciños a conciliación dos seus traballos e o coidado dos seus fillos durante as vacacións escolares”. O campamento está dirixido a nenos e nenas entre os 4 e os 14 anos de idade e terá o mesmo horario que o curso escolar, de 09:00 a 14:00 horas.

  • A iniciativa conta con protocolos de protección contra a Covid-19 para protexer aos pequenos #ante posibles contagios. Para evitar aglomeracións, tanto a entrada como a saída de cada día farase de forma graduada e utilizando todos os accesos dispoñibles.

  • Do mesmo xeito, a edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, explicou que “a educación en igualdade é un dos piares fundamentais do campamento” e expresou o seu desexo de que a iniciativa sexa ben acollida polos veciños, “xa que se fai para facilitar a conciliación e facer máis entretidas as mañás do verán para os máis pequenos”, finalizou.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas