O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos a representantes do Grupo 24 horas de Alcohólicos Anónimos. Durante a xuntanza, o colectivo entregoulle o convite para a xunta pública que desenvolverán o vindeiro sábado, 19 de setembro, ás 19.00 horas no Campo da Feira. A entidade celebra este ano o seu vixésimo quinto aniversario.

