Home Vigo Pazos de Borbén O concello finaliza os traballos de reforma e acondicionamento de Casa Escola...

O concello finaliza os traballos de reforma e acondicionamento de Casa Escola de Borbén

- Anuncio -
  • O edificio acolle á asociación cultural A Branca de Borbén
  • O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar os traballos de reforma e acondicionamento en Casa Escola da parroquia de Borbén. Os traballos de mellora centráronse en reforma da cuberta do edificio e o acondicionamento dalgunhas estancias interiores. A actuación contou cun orzamento de execución de case 4.000 euros que foron financiados con fondos municipais.
  • A mellora centrouse na reparación e mellora da cuberta do edificio, deteriorada polas inclemencias meteorolóxicas. Para iso retiráronse gran parte das tellas e cumbreras do edificio para instalar unha nova tea asfáltica e mellorar o illamento da cuberta. Por último, retiráronse todos os elementos deteriorados e substituíronse por outros novos para garantir a estanqueidad da cuberta.
  • Ademais da reforma da cuberta, o Concello de Pazos de Borbén alcanzou un acordo coa Asociación Cultural A Branca de Borbén, que utiliza a dependencia municipal como sede para as súas actividades, para proporcionais o material necesario para acometer o acondicionamento das estancias interiores con humidades que alertaron sobre a deterioración da cuberta. A asociación organiza tradicionalmente as festas patronais da parroquia, a Festa da Branca, que se celebra o primeiro domingo e luns do mes de agosto.
  • O alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias, destacou a utilidade destas pequenas actuacións para protexer o tecido cultural das parroquias. “As pequenas asociacións son fundamentais para protexer as nosas festas e tradicións máis antigas, e necesitan un lugar adecuado onde poder levar a cabo as súas actividades”, finalizou o rexedor.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas