Home Pontevedra Caldas Politólogos, sociólogos e historiadores analizan na aula da UNED en Portas as...

Politólogos, sociólogos e historiadores analizan na aula da UNED en Portas as crises políticas na España contemporánea nun curso online e presencial

- Anuncio -

Catedráticos de alto nivel de universidades españolas debaten sobre os procesos políticos vividos en España desde a Guerra de Cuba ata o “Procés” e a pandemia da Covid-19

A aula da Uned en Portas acolleu o acto oficial de inicio do curso “As crises políticas na España contemporánea” que levará a cabo esta institución universitaria ata o 16 de xullo. A xornada inaugural contou coa presenza do vicerreitor da Uned, Jesús Andrés Sanz, o director da Uned en Pontevedra, Víctor M. González, o catedrático de Socioloxía da Uned, Juan Jesús González Rodríguez, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez.

Este curso presencial e online, está dirixido polo catedrático Juan Jesús González Rodríguez e coordinado polo profesor de Historia das Ideas Políticas Javier Varela Tortajada, e analizará as crises políticas na España contemporánea desde a derrota militar e a crise de Estado do ano 1898 ata o proceso catalán e a pandemia e as súas consecuencias.

MÉRCORES 14 DE XULLO

O programa da xornada do mércores está marcado polas seguintes ponencias:

De 12 a 14 horas: 1898: Derrota militar e crise de Estado, a cargo de Javier Varela Tortajada, profesor de Historia das Ideas Políticas (Uned).

De 17 a 19 horas: 1917-1923: A fin da Restauración, a cargo de Javier Moreno Luzón, catedrático da Universidade Complutense de Madrid.

De 19 a 21 horas: 1931-1936: A quebra da democracia, a cargo de Pilar Mera Costas, profesora axudante Doctora (Uned).

XOVES 15 DE XULLO

O programa da xornada do xoves 15 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 10 a 12 horas: 1975-1982: Da dictadura á democracia, a cargo de Jesús de Andrés Sanz, profesor de Ciencia Política (Uned).

De 12 a 14 horas: 2008-2019: A Gran Recesión e as súas consecuencias, a cargo de Juan Jesús González Rodríguez, catedrático de Socioloxía (Uned).

De 17 a 19 horas: 1975-2011: A crise vasca, a cargo de Virginia López de Maturana, profesora adxunta da Universidade do País Vasco.

De 19 a 21 horas: 2021-2021: O proceso catalán, a cargo de David Martínez Fiol, profesor asociados da Universitat Autónoma de Barcelona.

VENRES 16 DE XULLO

O programa da xornada do vernes 16 de xullo está marcado polas seguintes ponencias:

De 9 a 11 horas: A pandemia e as súas consecuencias, a cargo de José Antonio Olmeda Gómez, catedrático de Universidade (Uned).

De 11 a 13 horas: As crises políticas na España contemporánea. Mesa Redonda coa participación de Javier Varela Tortajada, Pilar Mera Costas, José Antonio Olmeda Gómez, David Martínez Fiol e Juan Jesús González Rodríguez.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas