A Xunta de Goberno Local aprobou 19 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Redacción

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 19 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu hoxe pola mañá no salón de plenos.

Licenzas (7). Concedeu as licenzas para a ampliación dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Curro, Os Viros; para a rehabilitación dun edificio na rúa Ribeira de Canedo, e para a adaptación a garaxe dun baixo na rúa Nuño de Ousende. Tamén estimou unha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación dunha parcela na rúa Fonte dos Canos, desestimou dous recursos de reposición e corrixiu de oficio un acordo aprobado nunha sesión anterior.

Patrimonio (2). Declarou desistido un particular respecto a unha reclamación de responsabilidade patrimonial e acordou requirir unha aseguradora para que indemnice ao Concello polos danos causados por un vehículo nun sinal na rúa Pena Redonda.

Contratación (2). Aprobou o expediente para contratar a subministración en lotes de carburante para o Concello, e estimou parcialmente unha reclamación relativa ao contrato de limpeza de centros educativos, por actualización a prezos de mercado.

Xestión económica e orzamentaria (1). Aprobou unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no devandito exercicio.

Educación (2). Nomeou representante do Concello nos consellos escolares de tres escolas infantís e aprobou as bases reguladoras do Certame Escolar de Debuxo “Todos/as á San Martiño-Veolia” 2026.

Avogacía consistorial (5). Deu conta dun auto ditado polo Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2 de Ourense, e foi informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos tribunais de instancia da sección do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense, en 4 procedementos (3 abreviados e 1 ordinario).

Comparte este artigo