A Policía Local do Concello de Ourense informa de que un treito da rúa Nosa Señora do Viso, desde a Avenide de Zamora ata a rúa Manuel Murguía, estará pechado ao tráfico durante unha semana desde mañá, martes, 22 de setembro, pola execución de obras urxentes por parte de Veolia.

