Home Ourense O Polideportivo da Carballeira será reformado cun orzamento de 270.000 euros, cumprindo...

O Polideportivo da Carballeira será reformado cun orzamento de 270.000 euros, cumprindo así unha vella demanda veciñal e un dos compromisos acadados por Mario Guede cos clubs deportivos

- Anuncio -

O Consello Municipal de Deportes, que preside o concelleiro Mario Guede, aprobará mañá xoves esta obra para reformar unha instalación deportiva activa desde hai 34 anos, mellorando as súas dependencias e acondicionando e optimizando o espazo.

Mario Guede destaca que “con esta importante obra culminamos o cumprimento dos compromisos adquiridos, levados a cabo en agosto do 2020 mediante unha modificación de crédito, aprobada por unanimidade polos membros do CMD, que neste momento se atopan en fase de execución, como son o Campo de Hóckey de Mariñamansa (500.000€), os vestiarios do Campo da Aira de Velle (212.000€) ou as canchas deportivas exteriores do Pavillón dos Remedios (240.000€)”

O concelleiro de Deportes recalca tamén que continuará a traballar para acadar máis melloras nas instalación deportivas municipais de toda a cidade, sempre a través do diálogo cos veciños e os clubs deportivos

O Consello Municipal Deportes, que preside o concelleiro de Deportes, Mario Guede, aprobará este xoves a reforma do Polideportivo de A Carballeira, por un valor de 270.000€, cumprindo así unha vella demanda dos veciños da zona e que supón tamén un cumprimento dos compromisos acadados cos clubs deportivos da cidade.

O polideportivo da Carballeira, situado nun espazo lindeiro co centro educativo CEIP Luis Acuña, foi construído hai 34 anos, e finalmente acondicionarase o espazo utilizado polos deportistas, mellorando as súas dependencias, incidindo en distintos aspectos da instalación como:

1.- Nova cuberta, que regulará sobre todo a temperatura, tanto nos meses de verán como nos de inverno, colocando paneis tipo sándwich con illamento intermedio, para illar o interior das inclemencias meteorolóxicas.

2.- Novo chan de pavimento deportivo, especial para o hóckey (ou outros deportes de patín), compatible con outros deportes como o fútbol sala, baloncesto ou calquera outro que favoreza o seu mantemento e limpeza

3.- Instalarase unha nova bancada, incrementando notablemente a súa capacidade, pasando de 4 bancadas de 9 metros a 4 bancadas de 25metros.

4.- Na parte norte do polideportivo construirase unha serie de almacéns para que os distintos equipos poidan gardar os seus materiais e pertenzas con seguridade, así como para que o propio colexio teña a súa propia dependencia para material.

Obras en execución froito dun longo traballo. O presidente do Consello Municipal de Deportes e concelleiro de Deportes, Mario Guede, remarca que: “coa execución desta obra, complétase as xa executadas no mandato anterior, onde se levaron a cabo a Reforma do Pavillón dos Remedios (financiada por a Xunta de Galicia), o Reforma Polideportivo Anexo dos Remedios, o acondicionamento e mellora do Polideportivo en Campo da Feira, o novo Campo de Fútbol en Vilar de Astrés, a mellora das Bancadas de Santa Cruz de Arrabaldo (financiada por a Deputación de Ourense), a renovación do Céspede Artificial do Campo de Fútbol en Oira e nos Remedios…”

O presidente e concelleiro de Deportes, sinala: “Estas obras son froito dun longo traballo, que completan o proceso de renovación das instalacións deportivas da cidade, que iniciamos no ano 2015, sendo alcalde de Jesús Vázquez, cumprindo así os compromisos adquiridos; Será o meu obxectivo: seguir impulsando o deporte, aumentar e continuar mellorando as instalacións deportivas, sempre da man dos clubs e dos veciños” sinala.

Relacionadas

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

Publicacións Relacionadas