Home O Morrazo Marín En marcha o período de exposición pública da ordenanza de terrazas

En marcha o período de exposición pública da ordenanza de terrazas

- Anuncio -

Este trámite permite tanto ás persoas do sector como a calquera interesado realizar alegacións á ordenanza aprobada inicialmente. Desde o Concello, animan á hostalaría da vila a participar para que a nova normativa “responda o mellor posible ás necesidades do sector”.

A ordenación do espazo público ten que ser unha comuñón entre as necesidades da cidadanía e as do resto de servizos que se ofrecen na vía pública. Por iso, o Concello traballa para actualizar unha ordenanza, a que regula a instalación de terrazas e veladores, que é fundamental para un sector clave como é a hostalaría e que tamén ten importancia para a estética das rúas de Marín e para a veciñanza en xeral.

Ademais, o contexto de pandemia afectou de cheo (e segue a afectar) aos bares e restaurantes. Nesta tesitura, as terrazas convertéronse no principal motor da actividade destes establecementos, debido ás restricións que aínda planean sobre os interiores.

A modificación desta ordenanza busca, pois, non só adaptarse a esta nova situación, senón tamén axudar na procura dunha homoxeneización da estética do mobiliario urbano, de cara ás novas adquisicións que poidan realizar os hostaleiros, que terán unha marxe de dous anos para adaptar todos os seus elementos desde a aprobación definitiva da norma municipal.

O texto inicial foi levado a Pleno e desde onte está en exposición pública. Os interesados poderán realizar alegacións durante 30 días hábiles. O contido da ordenanza pode consultarse no seguinte enlace: https://sede.concellodemarin.es/Default.aspx?key=ywhv8ARPM/nr0PlcW+YkqPMuH4pT00S0S1I0OLZ1KaJNe+eFbpZPJgiMCEzInM+IelfKtcNjJ6uSUVL4+RodRg==
Unha vez pase este período, estudaranse as alegacións. No caso de non recibir ninguna, a normativa aprobaríase de xeito definitivo.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas