A película de animación proxectarase o domingo 4 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Dotacional de Torroso
O Concello de Mos súmase ao ciclo ‘Cine de Serán’, unha proposta da Deputación de Pontevedra de cinema para público familiar que durante os meses de setembro e outubro percorre dez concellos da provincia de Pontevedra.
A sesión en Mos terá lugar o domingo 4 de outubro, ás 19:00 horas, no Centro Dotacional de Torroso, coa proxección de Kung Fu Panda 4, a nova aventura protagonizada por Po e os seus compañeiros.
‘Cine de Serán’ ofrece aos concellos participantes un pequeno catálogo de películas que inclúe producións galegas ou rodadas en Galicia, así como títulos de animación estreados nos últimos anos. Cada concello puido escoller a película que quería proxectar.
No caso de Mos, a sesión estará acompañada dun dos elementos máis asociados a unha tarde de cinema: os flocos de millo, para completar unha proposta pensada para compartir en familia ou con amizades.
A actividade está impulsada pola Deputación de Pontevedra e conta coa colaboración do Concello de Mos. A entrada será gratuíta.

