Home Pontevedra Deza Equina Galicia 2021 comezou hoxe tres días de actividade que incluirán cinco...

Equina Galicia 2021 comezou hoxe tres días de actividade que incluirán cinco destacadas competicións e varias xornadas técnicas

- Anuncio -

• ARRINCOU ESTA MAÑÁ NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA CON VARIAS SECCIÓNS DO VII CAMPIONATO DE ESPAÑA PURA RAZA ESPAÑOLA-ANCCE DE GALICIA

• O EVENTO FOI INAUGURADO POR ANTONIO CRESPO, XEFE TERRITORIAL DE MEDIO RURAL EN PONTEVEDRA, QUEN ESTIVO ACOMPAÑADO POLOS PRESIDENTES DE ACCEGA E ANCCE, MANUEL BENAVIDES E JUAN JOSÉ MORALES; O SUBDIRECTOR DO LIBRO XENEALÓXICO DO PRE, PEDRO J. AZOR, E O DIRECTOR DA FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA, RICARDO DURÁN.

Equina Galicia 2021, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA) coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, comezou hoxe na Feira Internacional de Galicia ABANCA tres días de actividade nos que se disputarán cinco importantes competicións.

O evento foi inaugurado esta mañá polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, quen trasladou o desexo da Xunta de que estes tres días sexan moi produtivos, un éxito para a organización e os participantes. Así mesmo, indicou que Equina é o primeiro acto de certa categoría que se celebra no recinto fóra do seu funcionamento normal e que se todo vai ben permitirá ir recuperando a normalidade, polo que insistiu na necesitade de extremar as medidas de seguridade. Por outra banda, salientou que este evento potencia un recinto que coas novas demandas socias pasa a ser o recinto de referencia para o mundo rural galego, a o tempo que considerou que é o mellor situado, con mellores comunicacións e mellores servizos. En canto ao mundo do cabalo, dixo que é algo especial e quixo destacar, máis alá da produción gandeira, o deporte e o ocio, a parte emocional, as sensacións únicas que transmite o cabalo. Desexando os mellores éxitos aos participantes, agradeceu de novo á organización o feito de achegar o mundo do cabalo.

No acto estivo acompañado polo presidentes de ACCEGA, Manuel Benavides, quen resaltou que é unha alegría para el, para os seus colaboradores e para todo o equipo do Comité Organizadora celebrar por sétima vez un campionato nacional clasificatorio para a final do Campionato do Mundo. Indicou que son unha gran familia que coinciden no esencial, a afección e cría do pura raza español, o cal os une. Ademais, agradeceu a todos os implicados o realizado para poder celebrar esta edición despois dun ano tan complicado, entre eles o Comité, os organismos públicos e a institución feiral. Rematou facendo fincapé en que os máis importantes son os participantes, que son os que fan posible este evento.

Así mesmo, interveu o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Caballos de Pura Raza Española (ANCCE), Juan José Morales, quen se centrou tamén nos agradecementos, á Xunta de Galicia e á Feira Internacional de Galicia ABANCA pola colaboración con este evento e con todo o relacionado con mundo equino e co pura raza español, a ACCEGA e tamén aos gandeiros que están presentes neste evento nun momento de gran incerteza debido á pandemia, polo esforzo que están facendo

No acto tamén estivo presente Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico do PRE e o director da Fundación Semana Verde de Galicia, Ricardo Durán.

Hoxe a xornada céntrase nas primeiras seccións do VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, concurso morfofuncional que é eixo central do evento e que valora tanto a morfoloxía dos exemplares como os seus movementos. Esta mañá leváronse a cabo as seccións de poldras de 2 e 3 anos e de eguas de 4 anos, mentres que pola tarde será a quenda dos poldros de 2 e 3 anos e os sementais de 4, 5, 6, 7 ou máis anos. Continuará mañá e o domingo.

Este concurso conta con 2 estrelas logo de que o ano pasado ascendese debido á súa excelente evolución e esforzo da organización. Unha categoría que aumentou o seu prestixio e que supón de novo unha alta participación. Así, concorren preto de 40 ganderías de dez comunidades autónomas, como son Galicia, Asturias, Cantabria, Estremadura, Castela e León, Madrid, Valencia, Andalucía, Cataluña e Baleares, ademais dunha procedente de México que participa con varias eguas. En total compiten preto dun centenar de exemplares de pura raza española.

Doma clásica, enganches e xornadas

Ademais do VII Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, Equina 2021 acolle mañá tres competicións de doma clásica, as cal conta nesta ocasión con récord de participación, ao estar rexistrados 63 binomios de distintos puntos de España. Unha cifra que ao exceder dos 40 binomios, e para poder celebrarse segundo o regulamento, fixo necesario habilitar dúas pistas en lugar dunha e incrementar o número de xuíces a catro. Estes concursos son a XXIII Copa Accega, o Territorial e o III Trofeo Xunta de Galicia – Medio Rural de Doma Clásica.

Por outra banda, o domingo levarase a cabo a primeira xornada de liga da Copa Galega de Enganches. Contará cunha ducia de rexistrados de distintos puntos de Galicia e cinco modalidades: Mini Poni, orientada a nenos; Sulky, con coches de dúas rodas e un cabalo; Limonera e Troncos, carruaxes de catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo, e tamén Cuartos, con catro cabalos.

Así mesmo, nesta ocasión Equina Galicia acollerá mañá varias conferencias, organizadas por ANCCE e de máxima actualidade no sector ecuestre. Así, a primeira delas centrarase nas “Novidades na Regulamentación de Concursos Morfolóxicos e Manual de Xulgamento”, sendo impartida por José Ramón Fernández, presidente do Comité Técnico de Xuíces de ANCCE (CTJ). A continuación, Pedro J. Azor, subdirector do Libro Xenealóxico do PRE e director técnico do Programa de Mellora do cabalo español, falará sobre “Novidades no Programa de Cría da Pura Raza Española”

Equina Galicia 2021, que se celebra segundo os protocolos establecidos pola Federación Hípica Galega e as autoridades sanitarias para a prevención da COVID-19, desenvolverase ata o domingo na Feira Internacional de Galicia ABANCA e a súa entrada é gratuíta.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas