O cruzamento das rúas Rodríguez de la Passera e Leiras Pulpeiro estará pechado ao tráfico durante a xornada do mércores 7 e xoves 8 de outubro pola execución de obras municipais de reparación do adoquinado. O Concello de Ourense solicita aos condutores que disculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos nos seus desprazamentos.

