Home O Morrazo Cangas A Xunta financia obras de mellora na escola infantil de Cangas-A Choupana...

A Xunta financia obras de mellora na escola infantil de Cangas-A Choupana por máis de 50.000 euros

- Anuncio -

O Concello executará os traballos, que sufragará o Consorcio mediante a compensación das liquidacións que corresponden abonar á Administración local por este servizo público

A Xunta de Galicia sufragará diversas obras de mellora na escola infantil da Choupana, que se acometerán ao longo deste mes de agosto. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, anunciou estes traballos, valorados en 50.400 euros, durante a visita que fixo esta mañá a este centro pertencente á rede pública autonómica e na que estivo acompañado da alcaldesa do municipio pontevedrés, Victoria Portas.

Perfecto Rodríguez explicou que con esta actuación “seguimos mellorando, da man do Concello, as instalacións desta escola que leva dez anos prestando un servizo público ás familias da zona”. Con esta finalidade, arranxarase a cuberta exterior, e a porta e o valado de entrada. Así mesmo, reformarase por completo o baño da unidade de 2-3 anos e revisarase tanto a instalación eléctrica como o sistema de incendios.

O xerente do Consorcio destacou que estas obras axústanse as necesidades postas en común coa comunidade educativa e contan coa supervisión dos servizos técnicos do ente autonómico e municipais. A execución dos traballos correrá a cargo do Concello e serán financiados polo Consorcio mediante a compensación das liquidacións que corresponde abonar á Administración local por este servizo público.

Centro do Hío

Esta intervención dá continuidade á liña de mellora continua das escolas infantís de Cangas que dependen do Consorcio. De feito, o verán pasado investíronse preto de 40.000 euros no aumento das condicións de seguridade e no acondicionamento do illamento térmico da escola do Hío; así como na substitución de pavimentos da zona exterior, e na limpeza e pintado do patio de xogos.

Perfecto Rodríguez explicou que con este programa de melloras, que se leva a cabo en toda a rede pública autonómica durante os meses de verán, “queremos garantir ás familias galegas que os seus pequenos desfrutan dunhas escolas infantís de calidade, así como duns coidados e unha atención educativa de primeiro nivel”.

As escolas infantís da Choupana e O Hío retomarán a súa actividade o día 6 de setembro. A primeira delas con 35 nenas e nenos matriculados e a segunda, con 58.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas