As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 9 de outubro, ás 21 h a representación de “Un Deus salvaxe” da compañía Talía Teatro. Unha obra dirixida por Artur Trillo e protagonizada por Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais.
Con esta obra continúa a programación teatral de outono do Teatro Municipal de Tui.
“Un Deus salvaxe” comeza con dous nenos enfrontándose con violencia nun parque. Uns pais convidan a outros á súa casa para resolver o conflito, e o que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais tórnase máis violenta a medida que os pais van revelando as súas contradicións e prexuízos sociais.
Esta obra expón as sombras que estas catro persoas acumularon ao longo da súa vida en relación á educación que recibiron, á posición social que ostentan e á súa profesión.
As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 10€ e 7,5€, até dez minutos antes do inicio do espectáculo.

