Lorenzana visita en Sanxenxo os nenos e nenas participantes no programa “Xogade coas motos”

Redacción

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe os participantes no programa de motociclismo “Xogade coas motos”, organizado pola Xunta de Galicia en colaboración con VF Timing, a Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Sanxenxo.

“Xogade coas motos” é unha iniciativa de iniciación ao motociclismo de velocidade, gratuíta e non competitiva, dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 16 anos impulsada dentro do programa escolar Xogade (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) da Xunta de Galicia.

Na edición celebrada hoxe, a conselleira participou na entrega de diplomas aos nenos e nenas que tiveron con esta iniciativa unha oportunidade para achegarse a este deporte e iniciarse no manexo das motocicletas.

Comparte este artigo