Baiona pecha ao tráfico a rúa Carabela Pinta para podaa anual de árbores

Redacción

O martes 20 de outubro a céntrica rúa Carabela Pinta de Baiona permanecerá pechada ao tráfico durante todo o día a partir das 08.00 para levar a cabo os labores de poda das árbores.

Desde o Concello de Baiona pídese a colaboración dos veciños para que os traballos se desenvolvan da mellor forma posible e pídese desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar aos veciños e usuarios da vía.

Comparte este artigo