Home A Coruña O Concello de Boqueixón ten abertas as inscricións nas visitas teatrais gratuítas...

O Concello de Boqueixón ten abertas as inscricións nas visitas teatrais gratuítas ao mito da Raíña Lupa e do Pico Sacro

- Anuncio -

Terán lugar ás 17:30 horas dos sábados 4, 11 e 18 de setembro, así como os domingos 19 e 26

O Concello de Boqueixón ten abertas as inscricións nas visitas teatrais “A Raíña Lupa e o encanto do Pico Sacro”, que o grupo teatral Os Quinquilláns desenvolverán nas tardes dos sábados 4, 11 e 18 de setembro, así como os domingos 19 e 26 de setembro. Unhas visitas incluídas na programación do ciclo “Un mes e Pico”, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración co Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia.

A participación nas visitas teatrais é totalmente de balde, se ben a situación sanitaria actual fai que o número de prazas sexa limitado e sexa imprescindible inscribirse previamente no mail boqueixonturismo@gmail.com ou chamando ao teléfono 981 513 061. Ademais, durante a actividade as persoas participantes deberán levar posta a máscara e manter a distancia de seguridade.

O punto de encontro cos Quinquilláns será o propio cumio do Pico Sacro, ás 17:30 horas. Aló, as persoas visitantes coñecerá a Seixo, un mouro que ten como misión recibir aos peregrinos e á xente que pasa a carón do Pico Sacro e presentalos diante da Raíña Lupa, a persoa máis poderosa da contorna e que lles contará como foi en verdade a lenda do Pico e as probas que tiveron que pasar os discípulos de Santiago para converter a Compostela e ao propio Pico Sacro en lugares lendarios.

Relacionadas

Aberta a inscrición para unha nova andaina saudable por Viladonelle e Anca o domingo...

0
O Concello de Neda vén de pechar o percorrido da andaina saudable do mes de maio. A ruta circular, prevista para o día 12,...

Ovidio Rodeiro lémbralle ao delegado do Goberno a urxencia de mellorar a seguridade viaria...

0
O alcalde solicitou a inclusión nos Orzamentos do Estado do proxecto de construción dunha rotonda na N-525, que facilitará o acceso ás aldeas de...

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Publicacións Relacionadas