Este mes mergullámonos no universo do brillante LUIS BUÑUEL cunha nova proxección do noso Cineclub

Redacción

Este mes mergullámonos no universo do brillante LUIS BUÑUEL cunha nova proxección do noso Cineclub este xoves 29 de outubro.
Nesta ocasión viaxaremos ao seu cativador escenario mexicano coa súa gran obra, onde, como ben o indica o noso cartel: “cando a forza bruta choca co desexo, a traxedia é inevitable”.
🎥”O BRUTO” (Luis Buñuel, 1953)
🎭Unha intensa crónica social que aborda temas como a especulación inmobiliaria e as relacións de poder con realismo e acidez. Se che gusta o bo cine, as historias intensas —con paixón, drama e moita crítica social— e, sobre todo, desfrutar compartindo opinións, este é o teu sitio!
👨‍🏫Como de costume, a presentación de “O BRUTO” e o debate posterior á proxección estarán a cargo do profesor Alfonso Castaño Hernández, quen nos brindará as claves para comprender mellor o contexto e o estilo do cineasta aragonés.
✍Tome nota da cita:
🗓️Xoves, 29 de outubro
🕗8.00 p.m.
📍Cine Municipal de Nigrán (Centro Comercial de Ramallosa)

Comparte este artigo