Home Pontevedra Campo Lameiro Campo Lameiro realizará o mércores día 8 un velorio público de repulsa...

Campo Lameiro realizará o mércores día 8 un velorio público de repulsa polo peche da sucursal de Abanca

- Anuncio -

Os asistentes portarán cirios para dar visibilidade as súas protestas mentras o Concello prepara xa o expediente para declarar “Persoa non grata” a Juan Carlos Escotet

A Corporación Municipal de Campo Lameiro ofrecerá un velorio na noite do 8 de setembro para expresar a repulsa dos veciños e veciñas do municipio ante o peche da sucursal de Abanca, prevista para ese mesmo día.

O acto ten previsto comezar ás 21:30 horas e os concentrados acompañarán a un cadaleito especialmente confeccionado para escenificar a morte do mundo rural galego coa desaparición paulatina de servizos esenciais para fixar poboación como son as oficinas bancarias.

O cortexo fúnebre, acompañado por veciños e veciñas de Campo Lameiro portando unha vela ou un cirio (que aportará o Concello aos participantes), ten previsto arrancar sobre as 21:30 horas da noite desde a Praza do Concello para dirixirse ata a sucursal de Abanca onde terá lugar o sepelio e a liturxia da palabra.

Os concentrados escoitarán un emotivo responso especialmente elaborado para poñer de manifesto os prexuízos e os problemas que suporán para os veciños e veciñas de Campo Lameiro e dos demais concellos afectados polo peche de oficinas bancarias a perda deste tipo de servizos.

INICIO DO EXPENDIENTE PARA DECLARAR “PERSOA NON GRATA” AO PRESIDENTE DE ABANCA, JUAN CARLOS ESCOTET

Por outra banda, o alcalde, Carlos Costa, deu orde aos funcionarios municipais para que recaben toda a información necesaria para ter preparado administrativamente o expediente para declarar “Persoa non grata” ao presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, no caso de que se efectúe o peche previsto da sucursal de Campo Lameiro para o vindeiro 8 de setembro.

A intención dos tres grupos que conforman a Corporación Municipal (PPdeG, Porvir e PSdeG-PSOE) é levar ao vindeiro pleno municipal ese punto na orde do día para ser aprobado por unanimidade “como xeito de dignidade dun pobo que expresa de xeito institucional a súa rebeldía fronte a un atropelo ante o cal non se pode resignar”, segundo manifestaron os voceiros dos tres grupos políticos.

De concretarse o peche da sucursal de Abanca en Campo Lameiro, única existente no municipio, a Corporación Municipal está decidida a facer efectivo o nomeamento de Juan Carlos Escotet como “Persoa non grata” a primeira que este dirixente da banca española recibiría en todo o Estado Español.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas