Lembramos que mañá, martes 3 de novembro, comezará o corte ao tráfico na estrada provincial LU-P-0101, que comunica Gontán con Ferreira do Valadouro, debido ás obras de construción dun muro de contención. O corte terá unha duración aproximada de 15 días e afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 20,735 e 33,823. A circulación desviarase por itinerarios alternativos debidamente sinalizados.

