González Abelleira denuncia que a fonte non funcionou nin un só día desde a moción de censura e reclama ao Goberno local que deixe de ignorar unha actuación básica para a cidade.
A portavoz socialista considera que a parálise deste espazo emblemático exemplifica a incapacidade do Executivo de Candia para distinguir as prioridades e atender as demandas da cidadanía.
“Desde a oposición estamos tendo que marcarlle constantemente a folla de ruta a un Goberno que non sabe discernir entre o importante e o irrelevante e que evidencia co cambio de prioridades orzamentarias unha paralise no proxecto de cidade”, sinalou.
A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, esixiu hoxe ao Goberno de Candia que proceda sen máis demora á reparación da Fonte do Rei, unha actuación que acumula case seis meses de atraso e que mantén este emblemático espazo da cidade inutilizado. González Abelleira denunciou que a Fonte do Rei non funcionou nin un só día desde a moción de censura, unha situación que considera especialmente incomprensible polo carácter singular deste elemento urbano e pola súa localización, coroando un dos principais accesos a Lugo pola zona sur.
“É inadmisible que levemos case medio ano esperando por unha reparación que debería estar resolta e que, desde que Candia chegou á Alcaldía, a Fonte do Rei non funcionase nin un só día. Estamos falando dun espazo emblemático, visible para todos os lucenses e para todas as persoas que entran na cidade pola zona sur. Non é unha cuestión menor nin pode quedar abandonada durante meses. Polo que instamos a que leven a cabo os traballos necesarios para a súa posta en funcionamento”, sinalou Gonzalez Abelleira que recordou que con anterior Goberno, a estas alturas, a fonte xa estaría reparada.
A voveira aduxunta socialista considera que este episodio define perfectamente a maneira de gobernar de Elena Candia. “Estamos ante un Goberno que non ten capacidade para distinguir o importante do irrelevante, que non está en contacto coas demandas reais da cidadanía e que deixa pasar os meses sen resolver cuestións básicas que afectan directamente á imaxe e ao funcionamento da cidade”, afirmou. González Abelleira lamentou ademais que o Grupo Municipal Socialista estea tendo que asumir desde a oposición o papel de marcar continuamente ao Executivo local cales deben ser as súas prioridades
“Estamos chegando a unha situación na que temos que facerlle nós a folla de ruta ao Goberno de Candia. Temos que lembrarlles que hai actuacións pendentes, que hai espazos que necesitan mantemento e que existen demandas da cidadanía que non poden quedar esquecidas. Estamos gobernando desde a oposición porque este Executivo non está sendo capaz de identificar por si mesmo aquilo que merece atención inmediata”, criticou.
Para a edil socialista, a Fonte do Rei é un exemplo claro desa falta de capacidade de xestión. “Non estamos pedindo unha gran obra, nin un proxecto faraónico. Estamos reclamando que se repare e se poña en funcionamento unha fonte que forma parte da identidade urbana de Lugo. Se nin sequera son capaces de resolver isto en máis de catro meses, é lexítimo preguntarse que prioridades está manexando este Goberno”, sinalou.
González Abelleira advertiu tamén das consecuencias que este abandono ten sobre a propia imaxe da cidade. “A Fonte do Rei é unha das primeiras imaxes que reciben moitas persoas cando chegan a Lugo pola zona sur. É parte do noso patrimonio urbano e do noso espazo público. Non podemos asumir como normal que permaneza meses sen funcionar pola incapacidade do Goberno municipal para culminar a súa reparación”, explicou.
A portavoz socialista reclamou a Candia que abandone a dinámica de parálise e actúe inmediatamente. “Mntres modifica os orzamentos para cumprir cos seus compromisos electorais. Nos lle seguiremos marcamos a folla de ruta en canto as necesidade reais da cidade. Agora simplemente lle dicimos: repare a Fonte do Rei, póñaa en funcionamento e deixe de dar as costas ás necesidades máis básicas da cidade. Lugo non pode estar gobernada desde a improvisación e desde o interese partidista”, afirmou.
Finalmente, González Abelleira reclamou á alcaldesa que deixe de utilizar a falta de xestión como norma de funcionamento do Concello. “Elena Candia chegou á Alcaldía prometendo unha suposta mellora na xestión e o que estamos vendo é exactamente o contrario: atrasos, parálise e incapacidade para resolver asuntos elementais. A Fonte do Rei leva máis de cinco meses esperando. A cidade xa esperou dabondo. É hora de reparala e devolvela aos lucenses”, concluíu.

