- Esta cita, de referencia para o sector e organizada por Seragro, vén de presentarse este martes no Pazo de San Marcos e celebrarase o 12 e o 13 de novembro na Facultade de Veterinaria de Lugo
- O deputado de Promoción Económica e Social destacou a importancia da formación e a innovación nun sector clave para a economía e a identidade da provincia
As Xornadas Técnicas de Vacún de Leite de Seragro celebrarán os vindeiros 12 e 13 de novembro a súa vixésimo terceira edición co apoio da Deputación de Lugo. O encontro, gratuíto e aberto ao público en xeral, terá lugar na Facultade de Veterinaria de Lugo e reunirá a 13 expertos e expertas de distintos ámbitos profesionais e de investigación para abordar os principais retos e oportunidades do sector lácteo.
A programación inclúe cuestións como o benestar animal, a mellora xenética, a fertilidade, a eficiencia produtiva, a bioseguridade e a sustentabilidade das explotacións, así como novas estratexias para mellorar a súa rendibilidade e reducir o impacto ambiental.
A presentación desta nova edición tivo lugar este martes na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos, nun acto no que participou o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañado polos organizadores das xornadas Víctor Manrique Arroyo, José Luis Míguez Vázquez, Jesús Fiallega Val e Enrique Mateo.
Pablo Rivera puxo en valor a importancia deste evento, “porque é necesario seguir afondando na formación e na innovación” dun sector que, segundo lembrou, ten un peso fundamental na economía da provincia e forma parte tamén da súa “cultura, historia e configuración social”. O deputado tamén reiterou o compromiso da Deputación de Lugo co sector lácteo e lembrou algunhas das iniciativas que impulsa a institución neste ámbito, como o Granxa Experimental de Leite.
Programa
12 de novembro
10:00 horas: Inauguración.
10:30 horas: Valoración do descanso mediante criterios de benestar animal – Rebeca Morales Bertolo, Servizo de Calidade do Leite de Seragro SCG.
11:00 horas: Como conseguir un pavimento que combine tracción, confort e saúde podal – Javier Sáez Mateos, gandeiro e podólogo bovino. Socio e vogal da Asociación Profesional de Podoloxía Bovina (APPB).
Quenda de preguntas.
11:40 horas: Pausa café.
12:10 horas: Fertilidade dos touros: o que sabemos ata o de agora – Mayra Elena Ortiz D’Ávila Assumpção, profesora do Departamento de Reprodución Animal da Facultade de Medicina Veterinaria e Zootecnia da Universidade de São Paulo (Brasil).
Quenda de preguntas.
12:40 horas: Impacto da conservación do silo de millo na sustentabilidade da granxa – Álex Udina Bonet, veterinario e director técnico de Adial.
13:10 horas: Solo, auga e nutrientes: sostibilidade do cultivo do millo en Galicia – Francisco Morell Soler, consultor independente en xestión de solos, fertilización, nutrición de cultivos e rega.
Quenda de preguntas.
14:00 horas: Xantar.
16:00 horas: Cando a eficiencia reduce emisións e aumenta beneficios. A pegada de carbono non é o que che contaron – Sara Hontoria Moneo, veterinaria de vacún de leite en Calidad Pascual.
16:30 horas: Pegada de nitróxeno reactivo como estratexia One Health nas granxas de leite – Gregorio Salcedo Díaz, investigador especializado en nutrición animal e sostibilidade en vacún de leite.
17:00 horas: Novas estratexias para a gandería leiteira galega: eficiencia, rendibilidade e menor impacto ambiental – Adolfo Álvarez Aranguiz, investigador de Wageningen University & Research (Países Baixos).
Quenda de preguntas.
18:00 horas: Encontro gandeiro.
13 de novembro
11:00 horas: Bioseguridade práctica: como optimizar a prevención da entrada de enfermidades nas explotacións – Alberto Allepuz Palau, profesor titular do Departamento de Sanidade e Anatomía Animais da Universitat Autònoma de Barcelona.
Quenda de preguntas.
11:30 horas: Agricultura rexenerativa e gandería leiteira – Adolfo Álvarez Aranguiz, investigador de Wageningen University & Research (Países Baixos).
12:00 horas: Quenda de preguntas.
12:15 horas: Pausa do café.
12:45 horas: Avances e perspectivas na produción de embrións bovinos – Mayra Elena Ortiz D’Ávila Assumpção, profesora do Departamento de Reprodución Animal da Facultade de Medicina Veterinaria e Zootecnia da Universidade de São Paulo (Brasil).
13:15 horas: Mellora xenética para optimizar a rendibilidade dos rabaños a través da eficiencia alimentaria – Pablo Juan Ross, director científico de STgenetics (Texas, EE. UU.).
Quenda de preguntas.
14:00 horas: Xantar.
16:00 horas: Gandería e territorio: tradición e innovación – Lucía López Sobrado, veterinaria e gandeira. Socia de Gandería Puluan – Lácteos Ribeira Sacra (Monforte de Lemos, Lugo).
16:30 horas: Tecnificación, xestión de equipo e sostibilidade máis alá dos tópicos – Pelayo Méndez Martínez, graduado en Enxeñaría Agrícola e do Medio Rural, e socio de Ganadería El Dios SC (El Franco, Asturias).
17:00 horas: Do pasado campesiño á aldea do século XXI (charla maxistral) – Jaime Izquierdo Vallina, funcionario público, escritor e excomisionado para o Reto Demográfico do Goberno de Asturias.
Quenda de preguntas.
18:00 horas: Clausura e brinde do leite.

