Ás 5.30 horas pecharanse un treito da rúa do Progreso, desde Concepción Arenal ata Pardo de Cela, a rúa Pardo de Cela e a Ponte do Milenio
Ás 10.00 horas pecharanse todas as vías polas que discorre a proba
A 49ª Carreira Popular do San Martiño ocasionará cortes e restricións de tráfico na cidade o vindeiro domingo, 8 de novembro, pola mañá. O dispositivo de tráfico e seguridade deseñado pola Policía Local prevé pechar á circulación de vehículos ás 5.30 horas un treito da rúa do Progreso, desde a Praza de Concepción Arenal ata Pardo de Cela, a rúa Pardo de Cela e a Ponte do Milenio.
Ás 10.00 horas pecharanse todas as vías polas que discorrerá a proba. O operativo contempla peches escalonados e afectacións ao centro da cidade ata aproximadamente as 14.00 horas. Porén, a Policía Local advirte que os horarios de corte poderán experimentar algún tipo de modificación en función do desenvolvemento e das necesidades da organización e a seguridade cidadá.
A carreira absoluta sairá ás 11.00 horas da Ponte do Milenio e avanzará por Xesús Pousa, Avenida de Marín, Ponte Nova, rotonda de Curros Enríquez, Otero Pedrayo (2ª Glorieta C-536 “Afiador”), Castelao, Cardenal Quevedo, Habana, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Moratín, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben Cho Shey, Galicia, Ramón Puga, Nosa Señora da Saínza, rotonda, Avenida de Zamora, rúa Seixalbo, Avenida de Zamora e Progreso ata a Praza de Concepción Arenal.
A continuación, ás 12.10 horas, sairá a carreira de escolares (Sub-18, Sub-16 e Sub-14), con percorrido por Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida de Santiago, Francisca Herrera, Vicente Risco, Ponte Nova, Curros Enríquez, Paseo, Lamas Carvajal, Praza Maior, Bispo Carrascosa, Colón, Padre Feijóo, Lugo, Ben Cho Shey, Coruña e Progreso ata a Praza de Concepción Arenal.
Ás 13.10 sairá a carreira Infantil (Sub-12 e Sub-10): Ponte do Milenio, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Romana e Pardo de Cela, e ás 13.20 horas a Carreira Inclusiva: Ponte de Milenio, Basilio Álvarez, Avenida das Caldas, Ponte Romana e Pardo de Cela.
A Policía Local roga colaboración da cidadanía e previsión nos seus desprazamentos. Lembra que a falta de cooperación ou o incumprimento das indicacións poderá ser constitutiva de infraccións á normativa vixente en materia de tráfico, seguridade cidadá ou de índole penal, segundo proceda.

