Comeza o obradoiro de pilates terapéutico no marco do programa Baiona Lila

Redacción

A Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona puxo en marcha o obradoiro de Pilates terapéutico, unha das actividades incluídas na programación Baiona Lila, que se desenvolverá ata o próximo 17 de decembro.

A iniciativa está dirixida a mulleres maiores de 18 anos e ten como obxectivo promover o benestar e a saúde física de las participantes, así como fomentar a adopción de hábitos de vida saudables a través da actividade física.

Con este tipo de propostas, o Concello de Baiona aposta por impulsar espazos de encontro e participación para as mulleres, favorecendo o autocuidado, a mellora da calidade de vida e a promoción da saúde desde unha perspectiva de igualdade.

Comparte este artigo